miércoles, 10 de junio de 2020






TEAF - Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal
                                                      
GUÍA PARA A ESCOLA
As consecuencias do consumo de alcol durante a xestación coñécese como Sín- drome Alcohólica Fetal (SAF) e o TEAF - Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal e o trastorno que engloba todas as seas vaiables. A inxestión de alcol durante o em- barazo afecta o feto producindo defectos conxénitos irreversibles.
Son varias as áreas do cerebro que se poden ver afectadas, tendo grandes repercusións en aspectos como: memoria, aprendizaxe, emocións, condutas… sendo máis salientable o dano que sofre a área que controla as Funcións Executi- vas, aquelas que nos permiten dirixir a nosa conduta cara un fin e comprenden a planificación, secuenciación e reorientación sobre os nosos actos.
As nenas e nenos con TEAF poden experimentar as seguintes características, de leves a severas, dependendo do tempo de exposición e da cantidade de alcol inx- erida pola nai xestante:
     Retardo no crecemento intrauterino.
     Características faciais peculiares como cabeza máis pequena do normal (mi- crocefalia), maxilar superior pequeno, nariz pequeno e curvada cara arriba, suco labial (ranura no beizo superior) liso, beizo superior liso e delgado e ollos pequenos, rasgados e de aspecto estraño con pliegues do epicanto promi- nentes.
     Defectos cardíacos como a comunicación interventricular ou a comunicación interauricular.
     Anormalidades nalgunhas partes das extremidades como nas articulacións, as mans, os pés, os dedos das mans e os dedos dos pés. Son defectos menores, pero que poden restrinxir os movementos e dar lugar a certa torpeza motriz.
     Dentes proclives a ter caries.
     Problemas de visión.
     Infeccións frecuente de oído.


A medida que o neno crece pode desenvolver síntomas tales como:
     Dificultade para comer e durmir.


     Atraso para aprender a falar.
     Problemas de aprendizaxe.
     Hiperactividade.
     Baixo cociente intelectual.
     Pouca coordinación.
     Rango curto de atención.
     Problemas de comportamento.
     Pouca capacidade para controlar os impulsos.
     Problemas para socializar con outros nenos.


O neno/a con TEAF na escola

O TEAF afecta, por tanto, de maneira importante o rendemento escolar dos menores, aínda que poida non ser tan evidente como outras síndromes.
     Debido á súa falta de concentración aparecen como pouco motivados para a aprendizaxe.
     Algúns síntomas neurolóxicos leves son interpretados como preguiza e falta de esforzo. Teñen pouca autoestima.
     Móstranse desafiantes ante as figuras de autoridade.
     Fan comentarios que non se asocian coa situación.
     Son facilmente manipulables e influenciables.
     Cánsanse antes que os demais nenos polo que os períodos de traballo teñen que ser máis curtos.
     Necesitan unha constante repetición do que se supón que xa aprenderon.
     Teñen problemas para o establecemento de metas, a formación de plans, o ini- cio das actividades e operacións mentais, a autorregulación das tarefas e a habilidade para levalas a cabo eficientemente.
     Non relacionan experiencias de causa-efecto. O obvio e evidente para os de- mais, pode non selo para eles.
     Baixo presión móstranse testudos, irritables, con linguaxe e condutas repetiti- vas.


     Nas probas de intelixencia o factor verbal pode ser máis alto que o manipulati- vo de maneira desproporcionada.
     Poden parecer mentireiros patolóxicos, cando o que ocorre é que a parte máis lóxica do cerebro (lóbulo frontal e hemisferio non dominante) falla en “control de calidade” da produción verbal. En casos extremos pódese chegar á fabu- lación.

Pautas xerais para realizar as tarefas escolares

Á hora de facer as tarefas escolares, tanto a familia como o profesorado deberían ter en conta unha serie de pautas, con obxecto de optimizar os esforzos que uns e outros realizan.
     Manter rutinas que lle axuden a diminuír a ansiedade e supervisión das tarefas
     Dar instrucións concretas utilizando unha linguaxe sinxela, secuenciando as orde e repetindo en caso de ser preciso
     Manter os espazos sen sobrestimulación
     Fixar regras simples, cos seus límites e as súas consecuencias
     Cando se lle de información importante, facer que a repita coas súas propias palabras.
     Adaptar as tarefas en función das posibilidades, con períodos curtos de trabal- lo e descansos frecuentes.
     Encomiar as condutas desexables, xa que necesitan reforzar a súa autoestima.
     Non ameazar. A violencia e o abuso incrementan o risco de que o neno/a aprenda a reaccionar de maneira similar. Sería recomendable adestramento especial para aprender a controlar a rabia.

Liñas de intervención

As persoas con TEAF, como calquera outra, mostran un rango moi amplo de niveis intelectuais e discapacidades funcionais que reflicten os diferentes graos de exposición prenatal ao alcol e, por tanto, distintos graos de dano neurológico. Así pois, cada neno/a con TEAF ten as súas propias necesidades especiais, problemas e capacidades.


Canto máis pronto se identifique o problema de cada menor, mellores serán os resultados a longo prazo. O coñecemento de que un alumno ten unha discapaci- dade axuda aos educadores a utilizar os recursos para axudar ao alumno/a, no can- to de andar preguntándose por que non se comporta mellor. Entender que ese neno/ a ten necesidades especiais permite que se poidan atopar aquelas que mellor atende ditas necesidades.
Débese establecer un plan de acción individual con metas a curto e longo prazo para cada estudante con TEAF, que inclúa:
  Plans para traballar os aspectos cognitivos nos que destaca e aqueles en os que ten dificultades, con obxecto de fomentar o éxito e mellorar a súa autoestima.
  Debido aos problemas de aprendizaxe, emocionais ou de comportamento que pre- sentan (impulsividad, distracción, poucas habilidades sociais, escasa memoria de traballo, desenvolvemento pobre do ego, pouca tolerancia á frustración, altos niveis de ansiedade, etc.) necesitan unha adaptación curricular, así como servizos educa- tivos especiais: logopedia, pedagoxía terapéutica, etc.
  Monitorizar de preto os problemas de conduta que presente co obxectivo de en- tender ben os antecedentes de cada situación (son facilmente manipulables), re- ducir as condutas desadaptativas e ensinarlle habilidades sociais.
  Unha persoa (que pode ser unha profesora, titor, orientadora, etc.) que coñeza ben as características desta Síndrome, que teña unha relación empática co alumno e que actúe de mediadora e de referente para o alumno/a con TEAF cando se pro- duzan situacións conflitivas con outros profesores ou alumnos/as. Tamén será quen coordine á familia e a escola en canto ás necesidades do alumno, conflitos que se xeren, etc., xa sexa a través de contacto directo, chamadas telefónicas, notas, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario